28.8.11


25.8.11





«Todo é silencio», de Manuel Rivas: a piques de comezar a rodaxe da película de José Luis Cuerda

24.8.11



Filmanova levará ao cine a obra 'Limpeza de sangue' de Rubén Ruibal

 Realista, pero cun toque de humor. Así poderíamos definir a representación a grandes rasgos. Unha obra que nos mostra o lado escuro da vida: as drogas, as malas compañías, o vandalismo, etc. Ao mesmo tempo que fai crítica da corrupción da policía, mostrando tamén así a súa peor cara.

Le+


23.8.11

Xa está á venda nos Estados Unidos a última obra de Emma Ríos para a Marvel



A VINDEIRA SEMANA SAE DO PRELO EN FRANCIA A OBRA QUE PECHA A TRILOXíA DA MANSIóN DOS MURMURIOS



24.7.11

5.7.11

Galicia un sentimento!

NON ES GALEGO...se non defendes a túa língua, se non respondes a unha pregunta con: ''e logo?'' se cando non chove queres que chova e cando chove cajaste en Dios, se non sabes que é que agua do mar che corte a respiración en pleno agosto, se a tua avoa non che di que ten presa porque ''as catro temos un cabodano'' se non sabes como prepara Miro Pereira os cafés ou os bocadillos de xamón, se nunca ...che dixeron ''vas caer'' si na casa de tua avoa non hai unha cociña de leña ou lareira, se nunca dixeches B.C.B (Bueno carallo bueno), ''cada can que lamba o seu carallo'' ''mecajondiós'' ou ''Malo será!!'' se non recitaches o conxuro da queimada e logo tomáchela, se ao xogar ao fútbol cos amigos non gritabas: ''Non vale furar!!!'' se nunca che preguntaron: e ti de quen ves sendo? na túa aldea, se prefires unha Mahou a unha Estrella, se non coñeces a ninguén que pensou que Zara Home era unha tenda de roupa, se non se che vai o corpo cando a Panorama toca abusadora, se nunca chegache a casa abaneando da sesión vermú, se nunca remataches unha festa bailando diante dun palco a muñeira de chantada, se nunca cantaches: TRAIO UNHA BORRRRACHEIRAA... DE VIÑO QUE AUGA NON BEBO MIRA, MIRA MARUXIÑA MIRA HEY! MIRA COMO VEÑO... e se nunca cantaches a RIANXEIRA!!! EU SON GALEGO ♥

29.6.11

Cousas

Cousas é un libro feito por Castelao. Recolle unha variedade de relatos curtos sempre acompañados dunha imaxe. Estes falan de moitas cousas como a emigración, temática que se ve recollida no relato que a min máis me gustou.


Tratase dun neno que espera a chegada do seu pai emigrante, xunto a súa nai. O neno non recollece ao pai e  mentres agarda a súa chegada, faise ilusión de como será...

27.6.11

as linguas suman.... e nós restando.... paisiño!

Galicia Hoxe sae mañá a rúa por derradeira vez



A crise económica e o radical recorte das axudas institucionais converten en inviable o proxecto do único diario en galego // Herdeiro de O Correo Galego, publicouse por primeira vez o 17 de maio de 2003 // Dezanove profesionais, entre periodistas e filólogos, quedan sen traballo // O Grupo Correo Gallego manterá o espírito do xornal na rede dende www.galiciahoxe.comtwitter

22.6.11

Corredores de sombra

Corredores de sombra é un libro feito por Agustín Fernández Paz. Encadrado na última década do século vinte, os feitos transcorren en verán, cando no pazo da familia de Clara descobrese un cadáver emparedado e cun tiro na frente.
Isto fai que Clara, a protagonista, indague nos devanceiros da familia, xa que ela foi testemuña involuntaria da descoberta.
Ela investigará o asasinato xunto cun neno da vila, o seu primeiro amor, que a leva a falar coa súa nai e descobren que o asasinato foi feito pouco despois da Guerra Civil co contexto político que iso conleva.
A partir de aí van resolvendo o caso...

20.6.11

O Diario Vermello de Flanagan

O Diario Vermello de Flanagan é un libro escrito no ano 2003 por Andreu Martín e Jaume Ribera. O libro é parello co Diario Vermello de Carlota e como este, relata temas da sexualidade e tamén está feito para adolescentes.

O diario comeza cando coñece a unha rapaza na estación do metro chamada Carlota, esta dille que vai facer un diario sobre sexo ao cal Flanagan apúntase aínda que ao comezo resultoulle algo moi estrano. Os temas sexuais son dende o punto de vista masculino dos adolescentes.

Como o Diario de Carlota, é un libro moi entretenido que debería de lerse, sobre todo se liches o de Carlota.

O Diario Vermello de Carlota.

O Diario Vermello de Carlota é un libro escrito no ano 2003 por Gemma Linares. Unha característica do libro é parello ao Diario Vermello de Flanagan. O libro relata temas de sexualidade e esta feito principalmente para adolescentes.

O libro comeza cando Carlota coñece a Flangan, un chico do que acaba namorándose, nese instante os dous deciden comezar a facer un diario vermello no que recoller todas as informacións que teñan sobre ás relacións sexuais... e tamén a experiencia que vayan obtendo. O libro relata todas as esperiencias sexuais dende o punto de vista femenino.

É un libro moi interesante e que deberían ler todos os adolescentes e non soamente as rapazas, dado que desta forma aparte de entreternos co libro aprenderemos sobre a anatomía das rapazas e a forma de pensar que teñen a maioría.

19.6.11

Moda actual.


Ola compañeiros, hoxe queremos falar dun tema que interesa sobre todo as rapazas como é a moda.
Primeiro deixamosvós cunha crítica que encontramos pola rede e logo unha opinión persoal acerca da crítica, xa que aínda que teña razón no que di, ¿ a que rapaza non lle gusta vestir así ?


Crítica:

Non poderíamos dicir que a moda actual é mellor ou peor que a antiga ou anterior, é simplemente diferente.
Claro que a moda actual ten as súas características moi particulares, como o feito de que parece que cada vez queren gastar menos tela, pois as faldas son tan pequenas que se confunden cos anchos cinturones que se usan con elas, como os pantalóns, con tiros tan cortos, que casi no deixan nada á imaxinación, e hay que ser artista para agacharse sen mostrar máis do debido. Nin que decir cas prendas superiores, porque cas xustas tapan o busto.


Opinión persoal:

Nós como rapazas, gústanos vestir así e estamos de acordo en que á maioría de nós volvenos locas ir de compras, ademais ,sempre andamos buscando novas tendencias e prezos asequibles pero sen renunciar ó que nos gusta e nos chama atención. Por iso compramos en Zara, Bershka, Blanco, Pull and Bear...

18.6.11

komunicovos

Nista paxina podedes encontrar de todo o que a vosa imaxinacion e desexo pidanche.
Podedes encontrar as novedades dos vosos grupos favoritos, videos dos concertos aqui en Galicia, grupos novos que aparecen e que seguramente necesitan o teu apoio para darlle o prestixio e que podan sair a diante co que verdaderamente lles gusta que e crear música.
Komunikando é un punto de encontro na música galega non subvencionada, no que podes debatir e cuestionar a musica galega que aparece no teu aredor.Todo esto naceu por parte de institucions e administracions que veron que a xente emezaba a esquecerse.
Galicia e a sua xente e rica en aspectos da música, ten estilos e movementos diferentes que fan que Galicia alimente o mundo discográfico internacional
Esa riqueza foi esquecida polos propios medios de comunicación galegos, eses que deberían ser sensibles ao que se move na súa terra.
A musica e a voz que desaoga a xente, as partes mais intimas do que vive a sociedade.

16.6.11

Un blog recupera publicacións galegas históricas



Considerando que na actualidade a Rede é a principal fonte de información para boa parte dos galegos e en vista das dificultades que hai para atopar os contidos de certas publicacións moi representativas da nosa cultura, chega oblog Publicación Galegas, que busca recuperar a Revista Nós, os xornais A Nosa Terra e A Fouce e outras publicacións de interese (como Terra,Alento, Guieiro e Rexurdimento),que irá recollendo en formato PDF para facilitar a súa descarga e consulta, pretendendo así favorecer á súa divulgación.

Este blog leva un par de semanas de andaina, nas que recolleron os 3 primeiros números da Revista Nós publicados en 1920 e os 4 primeiros números do xornal A Fouce editados en 1926, o que xa supoñen unha interesante achega que algúns consideran que era toda unha necesidade que estaba desatendida.

14.6.11

Desde Sarria ata Portomarín

O martes 6 deste mes os alumnos do IES fixemos unha das etapas do Camiño de Santiago, a estapa que iba dende Sarria ata a localidade de Portomarín, en total uns 22 kilómetros de distancia, acompañados dalgúns profesores do departamento de Educación Física.


Alumnos de terceiro, cuarto e primeiro de bacharelato participamos na actividade que fixemos en dúas partes, a primeiras dende a chegada a Sarria ata a hora de comer e despois de comer, o resto do traxecto ata Portomarín.  donde nos deixaron tempo libre de lecer, aínda que como estabamos moi cansos foi máis de descanso que tempo de lecer... Cabe destacar que aínda que moitos se queixaron dos kilómetros percorridos conseguimos facela etapa enteira sen ningún percance.


En conclusión foi un traxecto interesante, longo e bonito que disfrutamos todos os alumnos que decidimos facelo deixando a parte a distancia que había que percorrer.


Agora que nos boten quilómetros... que xa non nos meten medo!