27.9.10

Un verán en inverno.

Ola , vouvos contar a miña viaxe pola miña terra: Arxentina.
Foi este verán ,saín dende o aeroporto de Madrid cara Barajas (aeropuerto Bs. As).Despois de 12 horas de avión chegei a Buenos Aires, ali esperabame o meu pai e os meus tios,dende o aeroporto tivemos outras 4 horas en coche para chegar a Santa Lucia, que é o pobo onde vive o meu pai  e os meus abós , e tamen moitos dos meus amigos da infancia, xa que me pasaba todos os findes de semana e as vacacions alí.
É un pobo pequeno que esta nas aforas de Bos Aires , que ten moi poucos habitantes e que esta bastante alexado da civilización,e que ao caer a noche vese o ceo estrelado que é realmente fermoso , un pobo en que a xente casi non camiña polas aceras ,a maioría acostuman ir polas rúas que case todas son de terra.
  É un pobo moi especial para min, e o meu pobo.
Al chegar dinme conta que todo estaba igual , tal como o recordaba ,  a xente tan agradable e boa coma sempre.
E iso agradoume moito...
Pasei ali un mes,e foi un dos mellores meses da toda a miña vida : coñecín  xente nova e volvin a ver a xente que xa coñecia,salin de festa, estíven coa miña familia ,aprendin a conducir, fun de compras e gardei na miña mente momentos que xamás olvidarei.
Encantoume volver a ver todo aquello despois de case 5 anos.
Ao fin e al cabo e a miña xente,a miña terra.
 Ainda que ali fose inverno e aqui verán  sen duvida algunha non me arrepinto de haber ido e oxala poda volver moi pronto.