27.9.10

Ruta por Madrid!!!


O pasado venres fun a Madrid, a capital de España, coa compaña da miña prima. Fomos visitar ó meu irman que esta alí a traballar.

Saímos do aeroporto de Alvedro ás 20:00h , aínda que xa estabamos na sala de embarque ás 19:00h.

Antes de montar no avión puidemos ver o piloto e mais aos azafatos, gústame o seu uniforme.

A miña maleta ía na parte traseira do avión.

Ó chegar xa non tivemos que buscar aloxamento xa que iamos para a casa do meu irman, pero tivemos que comprar unha guía turística para saber o itinerario correcto para chegar.

Visitamos o Bernabeu.
O Estadio Santiago Bernabéu é un recinto deportivo, situado no distrito de Chamartín, ó norte da cidade de Madrid, España. Inaugurouse o 14 de decembro de 1947, sendo propiedade do Real Madrid Club de Fútbol. Ten unha capacidade de 80.354 espectadores e no 2007 o Estadio foi nombrado estadio elite pola UEFA.








O retiro.
Popularmente coñecido como El Retiro, e un parque de 118 hectáreas(1,18 km²) situado en Madrid. E un dos lugares máis significativos da capital española.








A Porta do Sol é unha praza de Madrid (España). Aquí encóntrase desde 1950 o denominado Quilómetro Cero das estradas radiais españolas. O edificio máis antigo da Porta do Sol é a Casa de Correos e nela destaca o reloxo de torre cuxas badaladas das 12 da noite do 31 de decembro marcan a tradicional toma das doce uvas á gran maioría dos españois.




Paseino moi ben, espero repetir a experiencia.