Vou falar un pouco sobre o galego, lingua literaria das Cortes castelás.
A historia da lingua galega sempre estivo condicionada polos acontecementos sociopolíticos de cada tempo ( no Medievo, século XVI e século XIX).
O galego pertence ó grupo das linguas Románicas coma o francés, o castelán, o catalán, o portugués ou o italiano, e é producto da evolución do latín implantado polos romanos no noroeste da Peninsula Ibérica, con achegas dos idiomas dos pobos aquí instalados antes da colonización, ademais das contribucións das linguas superpostas ó latín galaico trala fragmentación do Imperio Romano.
O galego é a lingua minorizada con maior comprensión e uso porcentual dentro do Estado Español. É o idioma oficial na Nacionalidade Historica de Galicia.
Os límites xeográficos da lingua veñen conformados pola Comunidade Autónoma de Galicia e as áreas máis occidentais de Asturias, León e Zamora.
![]() |
porcentaxe de falantes de galego como primeira lingua |
Vocabulario de galego-inglés-castelán-portugués.