27.11.10

Ciclo da violencia. Corta o rollo dende o primer momento.

As agresións constan dun ciclo de tres fases: tensión, agresión e reconciliación.


Fase de tensión::caracterízase por unha escalada gradual de tensión na relación, que se manifesta en insultos, abuso físico... O agresor expresa hostilidade e a muller intenta calmar a situación pensando que ela pode controlar a situación de agresión.


Fase de agresión: a tensión comezada na fase anterior, aumenta ata que se producen, os primeiros comportamentos violentos na forma de abusos físicos, psíquicos, sexuais... O agresor expresa a súa hostilidade de modo explosivo. Moitas mulleres non buscan axuda externa denunciando a agresión ata chegar a esta fase.

Fase de conciliación ou lúa de mel: o maltratador amósase arrepentido, pídelle perdón á súa compañeira fomentando nela a esperanza e o desexo de que todo poida chegar a cambiar. Neste momento a muller fíxase nos aspectos positivos da súa parella e só quere esquecer o sucedido. É por esta altura que a muller intenta modificar condutas que ela cre que puideron conducir á agresión para que non se volva a producir, mais está enganada porque que a agresión se repita non depende do seu comportamento.


A mellor maneira de facer desaparecer a violvencia de xénero é pararlle os pés ao agresor dende o primer momento.