22.11.10

EU FALO

Este proxecto arredor da língua componse de numerosas contribucións en formato de vídeo nas que persoas de todas as idades e procedencias dan a súa opinión e comparten as súas experiencias con respecto ao galego e á súa convivencia co castelán.
A finais de 2010 as catro categorías do proxecto teñen os seguintes contidos:
- Eu falo (relatos autobiográficos): 13 vídeos
- Ti falas (relatos mandados polos usuarios): 15 vídeos
- Nós falamos (historias colectivas): 3 vídeos
- Aquí fálase (historias nas que destaca a súa orixe xeográfica): 11 vídeos.
Consúltaos todos aquí.