23.11.10

Falar un pouco sobre o que vimos no blog

 Nós pensamos que as linguas deben preservarse e ter a mesma importancia, por iso queremos falar un pouco do galego que é unha lingua moi despreciada e que parece disfrutar dun menor prestixio.


O luns pola tarde tivemos a ocasión de ver un espectaculo dun grupo de teatro chamado`` manicómicos `` que ía sobre as linguas e sobre como menospreciaban ó galego e non nós pareceu moi boa reacción xa que todos temos dereito a falar a lingua que queiramos e a falala onde queiramos.


Aquí vos poñemos unha foto da representación:





Tamen falarvos un pouco do video que vimos sobre a vida nos pobos e nas aldeas que é moi interesante e que conta moi ben todo o que facían nesa época e ver como falaban galego con moita soltura xa que era a lingua que falaban avitualmente pero que en sitios como no colexio tiñan que falar castelán e non se lles daba moi ben e tiñan moitas dificultades para facer os deberes, ademais tiñan que axudar a familia.
O que nos chamou moito a atención é que moitas das nenas que lles preguntaban que querían ser de maiores dicían mestra, costureira ou traballar no campo.


Deixamosvos unha foto da clase: