23.11.10

Opina sobre esta campaña

 Unha pequena grande iniciativa abre novas portas ao galego, neste caso en forma de guía básica para os e as triatletas que van participar na Copa de Europa do 12 de xuño en Pontevedra. Nela explícase en 18 idiomas o que é a lingua galega e convídase a usala aproveitando a visita, para o que facilita frases esenciais en distintas áreas, acompañadas da tradución ao inglés e mais de audio. 

Accesíbel desde o móbil e desde os novos dispositivos de acceso á internet, como é o caso do ipad, pode ser unha recomendación excelente para quen veña visitar o noso país e queira coñecer algo máis cás praias.

Visita tamén estoutra campaña