24.11.10

cada vez que me dis PUTA, faise o teu cerebro máiss pequeno...

Sede listas e DENUNCIADE!
Quero falarvos sobre a miña opinión desde a perspectiva da muller que sofre violencia de xénero.
É moi difícil poñerse nesa situación, si,  xa sei  que é complicado: 


Eu creo que as mulleres maltratadas que non denuncian xa á primeira vez que pasa é porque o home maltrátaa e xúralle que non volverá pasar, que tivo un mal día, que o sente moitísimo, que ela se merece algo mellor ... pero que a ama coa forza dos mares e o impetu do vento (todo trapallada :S)... Como hai rapazas que desgraciadamente están cegas de amor, cren - ou non lles queda outro remedio, nestes discursiño .Pero, eu creo que se tivo o sangue frío de facelo unha vez, será capaz de facelo en moitas máis ocasións. 


E non me refiro só ao maltrato físico, o verbal aínda pode doer máis e segue o mesmo esquema:  non podes deixar que o home se crea superior a ti, xa que tedes que tratarvos por igual, que non che grite nin te insulte porque non ten dereito a facelo. Se ves que a túa parella empeza a tratarte así o mellor que podes facer é cortar polo san. Encontrarás a outro que te saiba valorar e tratar como mereces.  

DEIXO UNHAS CANCIÓNS SOBRE ESTE TEMA, a min encantanme as dúas (8)





Así que eu, véndome no caso, non deixaría que pasará unha segunda vez e para olvidalo e pasar o fatal trago, refuxiaríame nas amizades e na familia, que sempre as vas ter aí, así que nunca deixedes tiradas as vosas amigas por un mozo, que elas nunca te van deixar :).

Por favor fácedeme caso e se algunha vez védesvos nunha situación así (Deus queira que non)DENUNCIADE!
Non o fagades por ninguén se non por vós mesmas :).