O galego chega ata a India (e-mail)
Hola Iasmin!!
Escriboche este e-mail para axudarte a facer o traballo sobre o galego que che pediron na escola.
1º vouche falar sobre a diversidade do galego na peninsula Ibérica.
A Peninsula Ibérica caracterizase por unha notable diversidade lingüistica. Na actualidade, en España falanse catro linguas orixinarias: O Castelan, o catalán, o galego e o vasco.
O galego, que é o que nos interesa, é a lingua propia de Galicia, onde é oficial xunto co castelán. Orixinouse a partir da evolución do latín falado no noroeste da peninsula Ibérica e foi tomando forma entre os séculos VIII ao XII. Máis tarde o galego experimentou un extraordinario desenvolvemento como lingua culta é escrita, aínda que non durou moito, xa que quedou soamente para os falantes do pobo. A mediados do século XIX ten lugar o movemento denominado Rexurdimento e o galego recuperase como lingua literaria. No ano 1906 fundase A Real Academia Galega, destinada ao estudo e defensa do idioma.
Actualmente, en Galicia, a lingua é ensinada nas escolas, falada nas zoas rurais e un pouco máis valorada polos Galegos.
2º Agora que xa sabes un pouco máis do galego, vouche falar entón das linguas do mundo.
No mundo fálanse actualmente unhas seis mil ou sete mil linguas, xa que a maioría dos países son plirulingües , é dicir , que se falan varias linguas pero non todas estan nas mesmas condicións , por iso diferenciamos estes grupos:
Linguas oficiais:
Linguas que se representan de maneira oficial e legal no Estado no que se falan.
Linguas sen estado:
Linguas propias de territorios que carecen de independencia política.
Linguas maioritarias:
Linguas utilizadas por moitos falantes.
Linguas minorizadas:
Linguas cun número moi reducido de falantes.
Linguas hexemónicas:
Linguas cun gran prestixio social porque hai un poder político-económico que as potencia.
Linguas minorizadas:
Linguas que están nunha situación de inferioridade dentro da propia comunidade lingüistica e non teñen recoñecemento oficial.
3º Para acercarnos un pouco máis o meu continente, Europa, falar das súas linguas.
Na Unión Europea fálanse máis de trinta linguas, das cales só unhas poucas son oficiais, así atopamos:
Países monolingües como: Islandia, Liechtenstein, San Marino... e outros.
Países bilingües como: Irlanda.
Países plurilingües como: Francia, Italia, Bélxica... e outros.
A política da UE tenta incentivar ós cidadáns europeos para que sexan multilingües, en especial a ser fluintes en, polo menos, dúas linguas estranxeiras, non soamente para facilitar a comunicación, senon, para desenvolver a tolerancia e respecto para coa diversidade cultural.
O galego é dende finais de 2005 lingua presente nas institucións europeas. A introdución do galego na Unión Europea é un recoñecemento ao plurilingüismo natural dos países que a integran.Os cidadáns e as cidadás de Galicia que se dirixan aos órganos europeos que os representan poden usar tamén o galego para esas comunicacións e teñen dereito a recibir contestación nesta lingua.
4º Como xa falamos de todas as linguas do mundo e de Europa agora é o momento de falar do galego que é o que máis nos interesa.
O galego é a lingua propia de Galicia grazas ós millóns de persoas que durante moitas xeracións souberon manter a nosa lingua como sinal de afirmación colectiva, tanto nos momentos de maior esplendor, como nas situacións máis complicadas e difíciles.
A Lei de Normalización Lingüística de 1983, desenvolve o mandato estatutario e regula os dereitos dos cidadáns a empregaren o galego, incidindo especialmente nos eidos da Administración, do ensino e dos medios de comunicación.
Actualmente máis de tres millóns de persoas falan galego, e non só en Galicia senón que tamén nos seus arredores. É preciso comentar que Galiza é o segundo país mundial con máis emigrantes (despois de Cabo Verde), co que o número de falantes real é bastante maior. De todos xeitos o número descende de forma vertixinosa.
O idioma é a base das nosas experiencias, dos costumes, das festas, da
arte, da música...
O meu consello para ti, Iasmin é que fales tantas linguas como ti queiras e que nunca deixes pasar a oportunidade de aprender máis linguas.
FALADE GALEGO E AMPLIAREDES OS VOSOS HORIZONTES!!!
Un saúdo e unha aperta moi forte.
Pd. Iasmin que che saía moi ben o traballo da escola.