19.1.11

Estatuto de Autonomía de Galicia (1936)

Vou falar do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936, pero para iso teño que empezar pola iniciativa do Seminario de Estudos Galegos hacía a autonomía e o xurdimento do Partido Galeguista (PG)  .

En maio de 1931 o Seminario de Estudos Galegos fixo un Anteproxecto de Estatuto de Galicia, que comezaba así:

Artigo 1: Galicia é un Estado libre dentro de España.
Artigo 2: As linguas oficiais de Galicia son o galego e o castelán.
Artigo 3: As cores nacionais de Galicia son o brancoazul.
Artigo 4: O territorio de Galicia abarca as provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Artigo 5: Poderáse agregar ó territorio de Galicia calquera outro fronteirizo, por acordo da maioria dos electores.
Artigo 6: Serán galegos:
  • Os fillos que nacen no territorio galego.
  • Os fillos de pai e nai galegos, ainda que nazan fora.
Neste ano xurdiu PG que estaba formado por Castelao, Cabanillas, Otero Pedrayo, Risco, Cunqueiro...


Cartel de Castelao
Máis adiante, en 1932, realizouse un Estatuto con seis titulos e 49 artigos. Definía unha Galicia autónoma onde convivían galego e castelán. Os órganos de poder establecidos eran a Asemblea Lexislativa, a Xunta de Galicia e o Presidente. En decembro dese ano apróbase o documento definitivo. O texto detivose por culpa do Bienio negro.

Durante este ano a campaña para que se aprobara o Estatuto de Autonomía foi impresionante, cos carteis de apoio de Castelao, Seoane... En 1936 celebrouse a votación do Estatuto, no que houbo o 75% dos votos a favor. Algúns artigos da constitución son:
 

Castelao e un dos seus carteis


Artigo 1: Galicia organízase como rexión autónoma España, conforme a Constitución da República e co presente Estatuto.

O seu territorio é o dos municipios dentro dos actuais límites administrativos das catro provincias.
Artigo 2: Poderase agregar a Galicia calquera territorio parecido nas características históricas, culturais, económicas e xeográficas. 
Artigo 4: Serán idiomas oficiais en Galicia, o castelán e o galego.
Artigo 5: As atribucións recoñecidas a Galicia neste Estatuto, serán exercidas: por unha Asamblea lexislativa, polo presidente da Rexión, e polá Xunta de Galicia (...)
Artigo 6: A Asamblea comporase de deputados elixidos por sufraxio universal, igual, directo e secreto, segundo o sistema de representación proporcional e para un período de tres anos.
Artigo 7: O presidente da Rexión asumirá a representación de Galicia para todos os efectos; (...). Será elixido por votación popular directa e secreta, por un período de catro anos.

Gómez Román, secretario do PG, e Castelao, deputado, entregaban ó Presidente das Cortes o texto do Estatuto. Pero o Estatuto galego non entrou en vigor por culpa da Guerra Civil, que fixo que se retrocedera case todo o que se conseguiu nos comezos do século XX.