24.1.11

Luís Seoane

Nace en 1910, en Bos Aires, nun fogar de emigrantes galegos. Seis anos máis tarde viaxa a Galicia, onde realiza os estudos e, posteriormente, consegue licenciarse en Dereito e exercer como avogado laboralista na Coruña.

Na preguerra ilustra libros e revistas, ademáis de ingresar no Partido Galeguista e participar na campaña do Estatuto de Autonomía (diseñando carteis). Cando comeza a Guerra Civil vese obligado a exiliarse a Bos Aires, onde realiza a súa maior obra artística, facendo narracións ("Tres hojas y un ajo verde"), poesía ("As cicatrices") e obras teatrais ("O irlandés astrólogo"). Tamén é galardoada, en 1945, a súa obra "Homenaje a la Torre de Hércules" como un dos mellores libros da década.

Pertence a xeración dos renovadores da arte galega, que utilizando as vangardas do expresionismo seguían unha temática galega. A súa pintura pasa por varias fases, cada unha máis imnovadora ca anterior, sendo unha destas o cubismo sintético, influído por Picasso. Moitas destas obras trataban de personaxes galegos.

Outra faceta súa é o gravado, a xilografía sobre todo (picado en madeira), facendo máis de corenta obras.

Pinta sobre trinta murais, a gran maioría en bares e teatros de Arxentina, e outros dous na fábrica de Sargadelos (do cal é cofundador), conseguindo unha comunicación directa co público. Son de temática galega e están influenciados pola arte mexicana e europea.

Funda as coleccións "Hórreo" e "Dorna", crea a revista "Correo Literario" e as editoriais "Nova" e "Botella de mar".

En 1994 dedícaselle o Día das Letras Galegas.