5.2.11

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda fundouse na cidade da Coruña o día 17 de Agosto de 1976. Defínese como unha asociación que pula pola divulgación, dinamización e dignificación da cultura galega, ben como pola plena normalización social da língua do noso país.

A páxina da asociación ten unha ampla biografía de Alexandre Bóveda (importante militante do Partido Galeguista e principal impulsor do anteproxecto do Estatuto de Autonomía), artigos de opinión, información das súas actividades (exposicións, homenaxes, presentacións...), etc.

Para saber máis, aquí deixo a ligazón á páxina oficial: http://www.acalexandreboveda.org