14.2.11

Calando amamos con terca intensidade.♥

Parece innecesario falar do amor, ás veces.
Aquel verán dixeches que me amabas.
Non era amor, mais ti falabas delo.

Teño mentiras amarradas a traquea.
Dixeches que deixandome perderás
o meu verde co teu azul.

O meu verde co teu azul,
que me leva, que me aplasta,
que me leva cara a tí.






O día en que pra sempre te marcharas,
aprendemos a chorar debidamente.
Nin todo o amor calma o que sufrimos.


Teño unha bala proxectada no peito
e botasme sal na ferida aberta.
Nada no amor perdura eternamente.

Aquel verán dixechesme que me amabas
e que era a min soamente a quen buscabas.
Mírame agora avanzar de xeonllos, rendida e chorosa.