Non era amor, mais ti falabas deso.
Falábasme do amor do noso selo
e que era a min soamente a quen buscabas.
estando triste, agardo que volvas.
Teño mentiras amarradas á tráquea,
por iso cuspo en intentos de anorexia.
Teño unha bala proxectada no peito
e botásme sal na ferida aberta.
Mírame agora,
avanzar de xeonllos,
rendida e chorosa
cargando a negra sombra
dese amor ferinte
da lúa negra.
E sei que todo
Poetas: Modesto Fraga, Rafa Villar, María Lado, Cristal Méndez e Estevo Creus.