22.2.11

Indígnate, de Stéphane Hessel, traducida ao galego

Indígnate!, o opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon preto de dous millóns de exemplares en Francia e que vai saír publicado nunha vintena de linguas, poderase ler en galego coa edición que está a ultimar o selo editorial Faktoría K para que estea no mercado nos primeiros días de marzo. Manuel Rivasasina o prólogo desta obra directa, reivindicativa e axitadora cuxo autor, un veterán supervivente da barbarie nazi, se dirixe -aos seus recios 93 anos- á sociedade en xeral, e á mocidade en particular, para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental. A tradución de foi feita por Fernando Moreiras.