4.4.11

Lucía Aldao & María Lado : entusiasmo e enerxía

Antes da chegada desas mozas tan simpáticas, todos críamos que a poesía só se podía tomar coma algo moi aburrido e no que non quería entrar a xuventude. Pero cando comezaron a falar e a cantar coa poesía fíxose máis divertido do que se pensabamos e ata incluso chegou a gustarnos.

Na nosa opinión son unhas mozas moi alegres e que transmiten a súa alegría facendo algo que lles gusta e é por iso que lle poñen tanto entusiasmo e enerxía.

María Lado
Despois de asistir a actividade poética pensamos que todo o mundo pode chegar a escribir textos poéticos cun pouco de imaxinación,  como o poema que crearon a partir dos graffitis das rúas.                                    

Lucía Aldao

Por último, só dicirvos que moitas grazas ás dúas por vir ó noso instituto, cambiarnos esa idea que tiñamos de que a poesía era aburrida e demostrarnos que pode chegar a ser todo o contrario.