Durante a súa estancia, Nestor (o protagonista) sentirá na súa pel as crueldades da guerra, dende as mortes en combate ata a anorexia que sofren os nenos dalí. Mentalizarase da utilidade dos periodistas nas guerras e sentirá afecto polo seu traductor de doce anos, ao que logo verá marchar ante as ofensivas rusas. Este neno fará todo o posible por sobrevivir, enganando ao rapaz con entrevistas falsas aos seus familiares, facéndoos pasar por líderes de guerra (con éxito, por certo), pero que cumplirá a promesa que se fixo a si mesmo no último momento.Nesta novela, o autor fai varias apelacións á guerra de Chechenia, e foi escrita antes da invasión de Afganistán, o 11-S e a guerra de Irak, sendo precursora de ambas no seu tratamento.