10.5.11

O punk

Grupo de punkys
O punk é un movemento musical dentro do rock que emerxeu a mediados dos anos 1970. Nos seus inicios, o punk era unha música moi simple e crúa, ás veces descoidada: un tipo de rock sinxelo, con melodías simples de duracións curtas, sons de guitarras amplificadas pouco controlados ou ruidosos, poucos arranxos e instrumentos, e, polo xeral, de compases e tempos rápidos. Xurdiu como unha burla á rígidez dos convencionalismos que ocultaban formas de opresión social e cultural.

O termo inglés "punk" ten un significado despectivo que adoita variar, aplicándose a obxectos (significando "lixo") ou a persoas (significando "vago", "despreciable" ou, tamén, "escoria"). Utilízase de forma irónica como descrición do substrato crítico ou descontento que contén esta música. Ao utilizalo como etiqueta propia, os "punkies" desmárcanse da adecuación aos roles e estereotipos sociais. Debido ao carácter deste significado, o punk a miúdo asociouse a actitudes de descoido persoal, utilizouse como medio de expresión de sentimentos de malestar e odio, e tamén deu cabida a comportamentos neuróticos ou autodestructivos.

Sen dúbida, a primeira banda que pode ser xa considerada plenamente como punk na Galiza son os vigueses Siniestro Total, formados en 1981, aínda que máis ou menos na mesma altura hai outras bandas relacionadas coa movida viguesa da que fala Germán na súa entrada.

Os grupos iniciadores da movida madrileña empezaron a finais dos 70 cunha actitude e musicalidad eminentemente punk especialmente o grupo Kaka de Luxe, verdadeira semente da Movida, que posteriormente continuou a súa liña punk nas súas dúas escisións: Alaska y los Pegamoides e Radio Futura.

A filosofía punk pode resumirse en "Faino ti mesmo", "faino ao teu xeito". Rexeitar os dogmas, e non buscar unha única verdade. Cuestionar e transgredir todo o que rodea. Non actuar conforme ás modas e as manipulacións mediáticas ademais de estar en contra do consumismo. Pensar por ti mesmo.