22.6.11

Corredores de sombra

Corredores de sombra é un libro feito por Agustín Fernández Paz. Encadrado na última década do século vinte, os feitos transcorren en verán, cando no pazo da familia de Clara descobrese un cadáver emparedado e cun tiro na frente.
Isto fai que Clara, a protagonista, indague nos devanceiros da familia, xa que ela foi testemuña involuntaria da descoberta.
Ela investigará o asasinato xunto cun neno da vila, o seu primeiro amor, que a leva a falar coa súa nai e descobren que o asasinato foi feito pouco despois da Guerra Civil co contexto político que iso conleva.
A partir de aí van resolvendo o caso...