
Foi un encontro moi entretido e pasámolo moi ben todos xuntos. Como representantes do noso instituto no xurado foron Javier Arrojo (profesor) e Patricia Folgueira (alumna). Non é por presumir, pero os de Elviña destacamos, sobre todo, polos ánimos e o noso entusiasmo:
Todos o tomamos moi en serio e fomos con moitas ganas de participar.
Aínda que non gañaramos o primeiro premio, para nós foi como se o fixeramos. Despois de todos os ensaios e os nervios que pasaron os nosos compañeiros de 1º de bacharelato só queda dIcirlles que valeu a pena, que o fixeron realmente ben e, para mín, foi a mellor actuación.