13.10.10

Agardarei por tí en África.

Escollín este libro porque foi un dos primeiros que lin en galego. Nunca o din acabado por unha cousa ou a outra e esta vez ando cerca de terminalo. Pareceme un libro moi lindo e que explica moi ben como era a época. É a  maneira na que explica como se sente o neno en cada momento encantame.
O libro e moi curto e vai dun neno de doce anos chamado Roxelio, que aínda que non pasa fame, nin penalidades, non é un neno feliz. E encontra esa felicidade nun ceminterio onde coñece a unha rapariga do orfanato chamada Lisseta. O unico que lle fai realmente feliz e acudir a sua cita todolos días a onde descansan os mortos. Namoranse e Roxelio deiza moi claro dende o principio que non habera obstaculos que os separen. Non vos conto o final para que o leades, dado que a min polo menos encantame.
Bicos e agarimos!