Un dos libros que lin recentemente en galego e que máis me gustaron foi o de "Cartas de inverno", de Agustín Fernández Paz. Un dos motivos polos que fago este traballo sobre este libro, é, máis que nada, que foi o que lin con máis entusiasmo, xa que a lectura non é algo que me entusiasme. Pero "Cartas de inverno" conseguiu atraer a miña atención pola intriga que mantiña desde as primeiras páxinas. Tiña curiosidade por saber como remataría e que habería debaixo da casa. É unha historia que engancha ata o final, aínda que un pouco fantasiosa.
En español lin o curso pasado "El escarabajo de oro", que é un conto de Edgar Allan Poe que loxicamente lin traducido. Desde logo non me entusiasmou tanto xa que a historia non me quedou tan gravada, de feito non lembro nin o final, pero, como pasou co anterior, é que non é que lese moitos libros, e estes dous son os máis recentes.