3.10.10

Linguas de Aragón.


Ola, vouvos falar das linguas que se falan en Aragón, como o catalán, o castelán, pero especialmente do aragonés.


Na meirande parte de Aragón fálase o castelán, que ademais é o  idioma oficial en toda a comunidad. 
Por outra parte, no norte da comunidade fálase o aragonés e na parte oriental fálanse  diversos dialectos do catalán. 
Tras a aprobación da Ley de Lenguas de Aragón en 2009, o idioma aragonés e o idioma catalán figuran como linguas propias de Aragón, aínda que non oficiais.




O aragonés é un idioma románico    occidental da Península Ibérica, falado  actualmente por unhas 10.000 persoas en varias zonas de Aragón, onde ten rango de lingua propia. 
 Fálase principalmente no norte da comunidade autónoma, nas comarcas de Jacetania, Sobrarbe, Alto Gallego, e na parte occidental de Ribagorza, aínda que tamén se fala, algo castelanizado, noutras comarcas do norte de Aragón.




Se queres oír a xente e rapazes falando Aragonés pincha,
Crecendo en Aragonés.

Algúns exemplos de aragonés, coa tradución do castelán ó lado:
§  Me fan goyo tus güellos. (Gústanme os teus ollos).
§  ¿Cuálo ye o nueso? (¿Cal é noso?).
§  A plebiu y ya está xuta la carrera.(Choveu e a rúa está mollada).
§  No sabebai o que m’eba pasau. (Non sabía o que me pasara).
§  En i’stá muitas. ¡Cuántas en bi’stá! (Hay moitas. ¡Cantas hay!)