3.10.10

O maravilloso mundo das linguas

Ola compañeiros!! vouvos falar dalgunhas linguas que por desgraza se estan perdendo.
Na peninsula iberica falanse aproximadamente once linguas que se dividen nuns grupos: o portugués e o español son linguas oficiais en cadanseu estado.O galego, o vasco e o catalán son linguas cooficiais nos seus respectivos territorios (o catalán tamén é a lingua oficial do Principado de Andorra), ao igual ca o mirandés (variedade leonesa falada en Portugal) é oficial no concello portugués de Miranda do Douro; o aranés éo no Val de Arán.
O asturiano, o leonés e o aragonés son consideradas linguas tamén, pero non teñen carácter oficial.
O inglés é oficial en Xibraltar.



En concreto quero falar un pouco dunha lingua que me chama moito a atención porque nunca oíra falar dela que é o Aranés:

É falada  na rexión do Val de Arán, no noroeste de Cataluña, onde é unha das tres linguas oficiais a parte do catalán e do castelán.
Foi  considerada unha vez como "lingua en perigo", e falada maioritariamente por xente maior, está agora a experimentar un rexurdimento, sendo ensinada dende o 1984 nas escolas e disfrutando dun estatus de cooficialide na Comunidade Autónoma de Cataluña. 
Preto do 90% dos habitantes do Val de Arán pódena entender, e un 65% pódena falar. Grazas ao seu estatus de cooficialidade, e a pesar de ter só uns 5.000 falantes, converteuse nunha referencia dentro do reivindicativo mundo occitano. No ano 2006 saíu á luz unha Gramática aranesa e no 2007 foi publicado un dicionario Aranés-Inglés/Inglés-Aranés.