3.12.10

Mensaxe a Austria


Ola Karl ¿Que tal todo por Austria? Bueno espero que ben. Mándoche este correo para falarche un pouco sobre as linguas do mundo.
 Como xa saberás, no mundo fálanse moitas máis linguas que países hai. Isto débese a que nun país non se fala unha soa lingua senón varias.
Monolingües: Fálase unha soa lingua como en Islandia ou San Marino.
 Bilingües: Fálanse varias linguas como en Irlanda o irlandés e o inglés.
 Plurilingües: Como en Francia e Italia.
 As linguas clasifícanse nos seguintes grupos:
 -Linguas Oficias: Represéntanse de maneira oficial nun país como o francés en Francia.
-Linguas Sen Estado: Non teñen independencia política como o bretón en Francia.
-Linguas Maioritarias: Faladas por moitos falantes como o Inglés.
-Linguas Minoritarias: Teñen un reducido número de falantes como o Escocés.
-Linguas Hexemónicas: Son as que teñen un prestixio social como o Inglés
-Linguas Minorizadas: Están nunha situación de inferioridade fronte as demais como o galego.
 Agora vouche contar unha cousa do galego. Como xa viches antes na clasificación o galego é unha lingua minorizada. Isto deuse fai moitos anos durante a Idade Media a imposición do castelán en Galicia deixou ao galego en inferioridade. Aínda que a día de hoxe non é tanto, pero seguese a estar en inferioridade.
A min esta situación paréceme moi mal xa que deberían estar nas mesmas condicións. Tamén non me gusta que ao galego trátese como lingua falada nas aldeas e que o castelán sea a lingua de prestixio porque tódalas linguas son iguais.
 Para que isto non pasara fixéronse unhas Cartas de Dereitos das Linguas nas que queríase eliminar a discriminación e a exclusión das linguas minorizadas.
 En España fálanse as seguintes linguas: o galego, catalán, valenciano, euskaro, asturiano, leonés, aragonés, mirandés e o aranés ; faladas nas súas respectivas comunidades. Espero que che gustase e haber se vés a Galicia de vacacións e así contareiche máis acerca da súa lingua e das cidades.Vémonos .