"Corredores de sombra"
"Corredores de sombra" é o último libro en galego que lin, é dun escritor que me gusta moito: Agustín Fernandez Paz.
O libro trata dunha rapaza, Clara, que relata o verán de cando ela tiña 16 anos, onde uns obreiros encontran emparedado un esqueleto cun furado de bala, que se supón que leva aí dende os tempos da guerra, no pazo dos seus pais e ela decide investigar a quen pertencen eses ósos. Nese mesmo verán coñece a un rapaz do que se namora e ao que lle conta todo o que descobre, logo dun tempo decatase de que hai xente que non quere que se saiba nada do tema, pero ao final descobre de quen era ese esqueleto e tamén cousas pasadas da súa familia.
O libro en xeral está moi ben e recomendollelo a todo aquel ao que lle guste o misterio e o amor, pero creo que hai cousas que sobran e outras que faltan, para min sobra a conversa con Demetrio (personaxe que se coñece ao avanzar no libro) e falta algo cando Clara e Miguel están a mirar as estrelas, o final gustoume pero penso que me gustaría se rematara doutra maneira, por exemplo que o pai de Clara fose á cadea por ocultar probas a autoridade e que o tío de Clara quedase en Galicia en vez de voltar a Barcelona e o que daría lugar, o que para min sería que ao fin de todo o amor entre Clara e Miguel triunfase, despois de pasar o que pasaron.
Espero que despois desta entrada vos animedes a lelo, que non custa nada e é fácil de leer.