10.12.10
Ola Joao!
Aquí che mando a información que me pidiches para o teu traballo sobre as linguas mundiais e xa que estaba tamén coméntoche algo sobre as do meu país.
Xa sabes que as linguas divídense en grupos dependendo de se son oficiais ou non, do seu prestixio e do número de falantes asi que empecemos polo primeiro:
As linguas oficiais son aquelas que representan ó seu Estado por exemplo, no teu caso, o portugués en Portugal.
As linguas sen estado son o contrario, é dicir, linguas propias dun territorio sen independencia política.
Segundo o seu prestixio:
Linguas hexemónicas que son as que gozan de gran prestixio social polo poder político ou económico como o inglés a pesar de que se pensa que o chinés podería mandalo a bancada.
Linguas minorizadas que son aquelas que están en inferioridade linguística e sen recoñecemento oficial.
Segundo o número de falantes:
Linguas maioritarias que teñen moitos falantes como no teu caso o portugués.Linguas minoritarias que teñen un numero reducidos de falantes.
En Europa hay 20 linguas oficiai pero moitas máis que non o son e os países dependendo da cantidade de linguas que se fale pódense clasificar en:
Monolingües: O Vaticano, San Marino, Islandia...Bilingües: Irlanda.
Plurilingües: Francia, Italia...
E tamén linguas que se falan noutros territorios como o alemán en Alemaña, norte de Italia, etc.
Vóuche contar un pouco sobre o castelán e a súa imposición frente o galego y tamen as linguas oficiais dagora.
Na Idade Media o castelán impúxose ao resto das linguas só por política e aunque hoxe en día disimulen o contrario este movemento séguese a facer disimuladamente.
Pero España agora é un Estado plurilingüe xa que se falan varios idiomas como o galego, éuscaro, catalán,
valenciano, asturiano, aranés e aragonés.E para terminar só dicirche que o galego non só se fala en Galicia xa que podemos encontralo no oeste Asturias e Castela-León e en Extremadura (no val de Ellas).
Finalmente engadir que o galego é unha lingua coma outra calquera que hai que respectar e sacala adiante e facer oídos sordos cando algún estúpido di que o galego é a lingua dos ''jañanes".
Veña Joao ata navidades que xa falta pouco!
Un saúdo.