2.2.11

Ánxel Casal "fixo máis por Galiza que todos nós"

Ánxel Casal
Ánxel Casal Gosenge, naceu en Betanzos o 17 de decembro de 1895, en 1909 emigrou a Bos Aires. Volveu á Coruña e traballou no consulado francés e pouco máis tarde volveu emigrar a Bordeos.

Uniuse á Irmandade da Fala da Coruña, colaborou no Conservatorio da Arte Galega e foi o primeiro mestre da Escola do ensino galego das Irmandades.

Casou con María Miramontes e en 1924, colaborando con Leandro Carré Alvarellos, fundou a Editorial Lar e Editorial Nós, da súa imprenta saíron A Nosa Terra e a revista Nós. A súa actividade como libreiro e impresor serve para explicar o galeguismo entre os composteláns, xa que, coa súa imprenta gañouse o respecto dos grupos que constituían a Fronte Popular e tamén foi editor e impresor das revistas Claridad  e Ser .

Militante do Partido Galeguista e pertencente á Masonería, foi alcalde de Santiago e vicepresidente do Comité executivo para o Estatuto de Autonomía e como alcalde impulsará a iniciativa de crear a Asociación de Escritores de Galicia. O 16 de xullo de 1936 entrega o texto estatutario. Co golpe de estado regresa a Compostela e tras o trunfo da sublevación militar escapou para a Vilantime (Arzúa). Foi detido o 4 de agosto, aínda que hai quen di que ese día foi o día en que o mataron, e paseado o 19 de agosto, o seu corpo apareceu nun foxo de Cacheiras.

No seu recoñecemento ten en Santiago de Compostela unha biblioteca co seu nome. En 2006 foi presentado para o día das letras galegas, pero ao final foi escollido Manuel Lugrís Freire.
Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela
Deixovos aquí unha ligazón por si queredes saber algo máis sobre Ánxel Casal.