Xosé Velo |
Estudiou Filosofía e Letras e dous cursos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Militou activamente na Federación de Mocedades Galeguistas, da que foi elixido secretario xeral na II Asemblea da Federación (1935), compartindo labores de dirección con Celso Emilio Ferreiro. Ó finaliza-la Guerra Civil, a súa actividade política trasladouse á clandestinidade en Vigo, onde abriu un colexio no que impartiu clases de Matemáticas. En 1944 foi detido pola Garda Civil, pero non tardou en saír dela. Ó saír do cárcere escondeuse durante ano e medio en Celanova (Ourense), saíndo en 1947 cara a Portugal, onde foi detido pola policía política portuguesa, aínda que non foi extraditado a España. O presidente de Venezuela entregoulle un pasaporte de urxencia e en 1948 retomou en Caracas a súa actividade docente dirixindo o colexio Orto. Seguiu realizando unha intensa vida política, cultural e asociativa, participou en "Galeuzca" (Galicia, Euskadi e Catalunha), presidiu o Lar Galego, colaborou en radio, etc. A principios de 1961 exiliouse en Brasil despois de planea-lo secuestro do transatlántico "Santa María" (en enero de 1961, el lujoso transatlántico español "Santa María" fue
secuestrado por el DRIL -Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación-,
un comando revolucionario formado por españoles y portugueses con la
finalidad de denunciar a las dictaduras de Franco en España y de Salazar en
Portugal, y así capturar la atención mundial). En 1964, abriu en Sao Paulo a librería "Nós", que máis tarde se transformou na editorial "Publicación Galicia Ceibe". Fundou e dirixiu a revista "Paraíso 7 días" da que saíron soamente 5 números.
Morreu o 31 de xaneiro de cancro de pulmón.