2.2.11

MARIA CASARES PÉREZ.


María Casares Pérez, naceu na Coruña o 21 de novembro de 1922  e faleceu en Poitou-Charentes, Francia, o 22 de novembro de 1996, foi unha actriz galega que triunfou no exilio en Francia, onde residía por ser filla de Casares Quiroga.



Aos 14 anos, tras o levantamento militar fascista, tivo que emigrar co seu pai a Francia, onde estuda  interpretación no Conservatorio de París. En 1949 entra na Comédie Française e cinco anos máis tarde no Teatro Nacional Populare (TNP) co que realiza una xira por case toda Sudamérica, durante a que foi homenaxeada polos exiliados galegos (Eduardo Blanco Amor, Luis Seoane…) e participa na creación  do festival de teatro de Avignon.

En  1977 regresa a España, onde recibe varios premios e un ano despois casouse co actor Daddy Schlesser. En 1996, aceptou á a petición da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena, de que os premios de teatro de Galiza levasen o seu nome (Premios María Casares), pero a morte impediulle asistir á súa primeira edición.
 
 Os libros arden mal, é unha novela publicada por Manuel Rivas no ano 2006, orixinalmente en galego por Edicións Xerais; na que narra parte da vida de Maria Casares.


Aquí vós deixo un enlace interesante:
é unha entrevista , na que relata un pouco da súa vida e di que foi unha das actrices máis recoñecidas, xa que participara en numerosas obras teatrais e películas, tamén coñecerá e compartirá traballo con persoas como Picasso ou Jean Cocteau...