3.2.11

Real Academia Galega

A Real Academia Galega é unha institución científica que ten como obxectivo fundamental o estudo da cultura galega e especialmente a ilustración, defensa e promoción do idioma galego. As finalidades desta institución son principalmente a defensa dos dereitos do idioma galego, así como promovelo.
Historia
A Real Academia Galega creouse o ano 1906, por Manuel Murgía que foi o seu primer presidente. O acto da creación dela celebrouse nos locais da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos, case un ano despois da presentación legal dos seus estatutos. Manuel Murgía estivo dende 1906 ata o ano 1923 na presidencia dela. Nese tempo sempre quixo salientar a figura de Rosalía de Castro e as veces tivo varias polémicas respecto ao seu carácter galeguista non visto ben pola sociedade da época. Os presidentes que o presidiron foron: Andrés Martinez Salazar, Eladio Rodriguez, Castelao e Vilar Ponte.

Dia das Letras Galegas


En 1963 a Real Academia Galega presenta a iniciativa do Día Das Letras Galegas, que nos primeiros anos non foi valorada, pero ao final chegouse a un acordo. A data escollida para celebralo foi o 17 de maio, xa que en 1863, foi publicado na Habana, o primeiro exemplar do libro "Cantares Gallegos”, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural de Galicia. A primeira homenaxeada foi Rosalia de Castro, con numerosos actos promovidos pola institución académica, que tiveron como sede principal a cidade herculina. Este ano 2011 homenaxease a Lois Pereiro.
Composición actual da Real Academia Galega
  • Presidente: Xosé Luís Méndez Ferrín.
  • Secretario: Xosé Luís Axeitos Agrelo.
  • Vicesecretario: Francisco Fernández Rei.
  • Tesoureiro: Manuel González González
  • Arquiveiro/Bibliotecario: Euloxio Rodríguez Ruibal.

Páxina Web
A Real Academia Galega ten unha páxina oficial na que poderas encontrar a sua historia, como as figuras homenaxeadas do Dia das Letras Galegas e demais datos dela.