Escritor e político galego nado no ano 1914 en Silleda na provincia de Pontevedra, representante da narrativa galega no exilio.
É autor de dúas novelas: Non agardei por ninguén (1957), e Era tempo de apandar(1980).
Realizou os estudos en Santiago que finalizaron cando se matriculou en Dereito. No ano 1933 adéntrase na Escuela Normal de Pontevedra, tras realizar os anos de maxisterio é destinado como profesor á cidade de Vigo.
En 1936 incorpórase ás Mocedades Galeguistas, participa en mítines do Partido Galeguista, na campaña do Estatuto e tamén colabora co Seminario de Estudos Galegos.
En agosto de 1936 é detido e encerrado na prisión de Silleda e máis tarde é enviado a Santiago de Compostela, pero logra saír grazas aos bos oficios dun familiar. Ingresa como voluntario no exército militar franquista, pero se pasa no ano 1937 ao bando republicano.
En Barcelona colabora cos galegos da zona republicana e unese á Solaridade Galega Antifascista.
En 1939 pasa a Francia cos restos do exército republicano. Co estalido da guerra mundial, quédase en Francia na loita contra o fascismo e o nacismo, pero o detén a Gestapo que o entrega á policía política española que o condena a 20 anos e un día de cárcere. En 1944 é posto baixo libertad vixiada.
Retoma os estudos, e en 1949 exiliase a Arxentina onde comeza a dedicarse ás actividades comerciais e o labor política e cultural. En 1962 ingresa no PCE. Regresa a España no ano 1966 e volve exercer como maestro, por último morre no ano 1980 por un cancro de pulmón.