28.3.11

CONTA SALDADA

"Conta saldada" o libro que lin estas navidades,conta a historia dunha rapaza chamada Catuxa,que despois da morte do seu pai acude ao seu despacho,e alí descubre unha serie de cousas que no cría que eran así,empeza a investigar pola súa conta ata averiguar que o seu pai non se suicidara, senón que o asasinaran.

O pai, por medio do computador, manifestouselle e contoulle que o mataran por perdas de diñeiro, que tiña un irmán e que a metade da herdanza correspondíalle a él.

Un día decide quedar con Xermán (o irmán) xuntos empezan unha aventura e descobren que houbo tres mortes máis...un día Catuxa está cun asasino do seu pai,  Xermán a rescate e o home morre por unha descarga eléctrica.Xuntos deciden regresar ao despacho do seu pai para ver se este se manifestaba de novo, e entéranse que en realidade non son irmáns.


Algo que me chamou moito a atención foi que o porteiro do edificio só aparecia cando Catuxa ía na sua procura.
O libro non me gustou moito, pareceume un puco lioso... e a forma en que está contado faise un pouco pesado.