
Para comenzar preguntounos se alguén estaba metido nalgunha delas, daba a casualidade de que todos tiñamos unha conta, polo menos.
Despois nos dixo se alguén lera o que firmaramos cando a creamos. Ninguén o fixera, e mostrou a súa primeira critica frente aos creadores de redes."¿Por qué poñen a letra tan pequena?" dixo ela, e é verdade porque iso incita a non ler.

Tamén nos recomendou que puxesemos coidado con quen aceptamos como amigos, alí foi cando collín máis medo pois ensinounos fotos das nosas redes sociais grazas a amigos que non tiñan a sua rede privatizada.
Outra das causa máis significativas das que nos falou e de que cando queiramos encontrar traballo os que te contraten van mirar as túas páxinas na rede para ver como es, por iso é superimportante coidar a túa reputacion nese aspecto.