4.4.11

A actividade resultou distinta

Xa pasaron algúns días dende que María Lado veu ao noso Instituto para amosarnos uns poemas da súa obra "Berlín", acompañada da guitarra acústica e da voz (en inglés) de Lucía Aldao. Sen embargo, o fixeron dunha maneira diferente, imnovadora para nós, pois non se limitaron soamente a recitalos, senón que decidiron mesturalos con humor.


Foi importante a cómica tradución ao castelán de "Deitado frente ao mar", de Celso Emilio Ferreiro, que critica á vez as ideas de ignorantes que pensan que os que falan galego son incultos e humildes.

Outra actividade que fixeron foi repartir uns papeliños con versos aos compañeiros para que nós mesmos formásemos as estruturas, e como ademais se trataba de frases graciosas, a actividade resultou distinta. Tamén decidiron construir un poema con graffitis que encontraran polas rúas de Galicia, de forma que encaixasen ben.

Pero non toda a súa visita fora así. Durante gran parte do tempo nos deleitaron con textos sentimentais que, xunto coa música serena de Lucía e a agradable voz de María, conseguiron que nos interesásemos na actuación dende o primeiro momento.