23.5.11

Camiños galegos!

Ola! O outro día estivemos nas Fragas do Eume nunha " excursión" co instituto. Comezamos vendo un vídeo da fauna e, a continuación, emprendemos a aventura.
Empezamos facendo un pequeno traballo que, consistía en poñer os nomes das follas das árbores nun folio.
Eu paseino moi ben, sacamos moitas fotos e rímonos moito!
Tivemos que cruzar unha ponte e os rapaces movíana cando nos pasábamos!
Foi unha mañana moi divertida, ademais aprendimos cousas e a clase fíxose moito máis amena. A paixase é estupenda  e o río é impresionante coa cor azulada que ten.


Ola! eu son Héctor, e acompañei a Eva ás Fragas do Eume co resto da clase. Como ben di a miña compañeira, foi todo moi divertido, e seguramente nós iriamos de novo de excursion sen necesidade de que sexa unha actividade do instituto. 
Foi incrible, andamos moito si, pero todo por unha boa causa.
Despois da ponte, encontramonos cun camiño que era moi dificil, eu casi cain ^^ .
Non tiñamos moito tempo, e só nos deu tempo de chegar a unha casiña onde se gardaban as castañas, ali coidábanse para que durasen todo o ano.


RECOMéNDOCHO !!!! Ademais poderás descubrir isto