25.5.11

Os vellos non deben de namorarse...

¨Os vellos non deben de namorarse¨ é unha peza dramática que trata sobre os amores de tres vellos : don Saturio, don Ramón e o señor Fuco que se namoran de tres rapazas : Lela, Micaela e Pimpinela . O libro consta de tres lances independentes onde en cada un contase a historia de cada personaxe de tema e estructura semellante: a súa situación persoal,o medo a morir... Preséntanse encadrados entre un prólogo e un epílogo.
No prólogo se anticipa o tema : os amores dos vellos van emparellados coa morte. Aparece a morte como personaxe que advirte aos tres vellos as consecuencias do seus namoramentos.
No epílogo os tres vellos reúnense convertidos en esqueletos e analizan as circunstancias da súa morte :se foron felices, se realmente valeu a pena namorarse...
Dende o meu punto de vista é un libro moi divertido e interesante onde Castelao quixo manifestar a importancia aos artificios escenográficos mediante os cales modernizou o teatro galego.

Eu anímovos a que o leades !