13.5.11

Día Internacional do Baile, 29 Abril.

Neste momento a Danza está no seu mellor momento debido a que hai máis compañías que nunca.
Cada compañia baila a súas coreografías por separado, pero xúntanse todos para dar un bo espectáculo.  Ademáis nestas compañías hai grupos de integración que axudan ás persoas con minusvalías de todo tipo.

A gran maioría de compañías de danza (80%) son de Danesga  (compañía de Agadic). Teñen outras actividades, e neste día tan importante a entrada é gratuita, polo que quen quera pode ir botar un vistazo.

A compañía de Danza "LA MACANA" fixo a sua función número cen e representeou as súas obras a un nivel internacional, onde tivo máis recoñecemento que en Galicia.

No día máis importante do baile queren denunciar tamén a falta de subencións adecuadas para o seu sector, e por iso non teñen moitos recursos e non se poden expandir.

A directora do Centro Coreográfico Galego(CCG) encargouse de dúas direccións do centro: unha interna e unha externa .
1. Interna : Solventar os problemas de contratación.
2. Externa: Realizar un plan de traballo que vai dende a formación do bailarín ata a realización do espectáculo.