LA NAVAL

O seu consello de redación compoñíano Lois Pereiro, Josito Pereiro (cantante de Radio Océano, redactor de El País e Televisión Española e irmán de Lois), Suso Iglesias (director da revista e da TVG), Miguelanxo Prado (debuxante de Xabarín Club) e Santiago Romero (Baixista de Radio Océano e director de La Opinión de Coruña).
TinTimán
Trátase dun fanzine onde todo tipo de persoas falan da cidade de Vigo dende diversos puntos de vista, usando gran variedade de recursos visuais, con mirada sempre no progreso. Moitos deles eran herdeiros do franquismo e estaban acostumados a facer panfletos, pero nesta revista se senten libres para dicir o que queiran.
Os directores eran Santiago e Javier Moreda García, e os seus colaboradores eran os tres escritores X. L. Méndez Ferrín, Suso de Toro e Víctor Freixanes; o fotografo e profesor Luís Carré, o profesor e cantante de Os Resentidos Antón Reixa, o escultor e pintor Gonzalo Viana e outros moitos.