Non sabes que facer PREME AQUÍ. Este ano as bibliotecas da Coruña non queren que te aburras, por iso, organizan actividades para todos os gustos, idades, pensamentos ...
Que queres coñecer como anda a situación do galego na xustiza? Pois vai a escoitar a Carlos Varela García, Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Que che apetece máis escoitar un recital de poemas? Este xoves podes ir a escoitar ''Entre o universo e a tinta'' de Estíbaliz Espinosa na Biblioteca do Fórum.
E se o teu é o cine tamén podedes ver a película Éloge de l'amour (Eloxio do amor) de Jean-Luc Godard.
A peli é o diario dun cineasta mentres traballa a modo de autorretrato na súa casa de Rolle. Onde os seus fantasmas do seu pasado fan acto de presenza.
Pero se nada de esto te convence, se o que a ti che gusta de verdade é o teatro, o que tes que facer é pasarte o sábado 14 de maio polo Teatro Rosalía de Castro. A obra chamase ''Baixo as estrelas'', que se fai para celebrar o día internacional dos museos.
E se aínda non te convencimos, sempre podes visitar a páxina de onde sacamos a información e buscar ti pola túa conta. (http://acorunacultura.org/) Isto non é nada con todo o que podes encontrar para pasar o tempo nesta páxina.
Esperamos que vos guste e que collades ideas para pasalo ben que é do que se trata.
Un bico!
NOS♥LER