19.5.11

Lois Pereiro


Naceu en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958, estuda no colexio dos Escolapios e comeza a escribir con 15 anos. Ó finalizar COU marcha cara Madrid onde estudará Ciencias Políticas e Sociolóxicas. Máis tarde funda alí a  revista Loia con Antón Patio, Manuel Rivas  e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.

Cara 1981 marcha vivir a Coruña, onde se une a revista La Naval. Nesa época entra en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio López Valcrcel, participando en varias antoloxías coma De amor e desamor e De amor e desamor II e colaborando en numerosas revistas.

Tamén traballou como traductor de alemán, francés e inglés de dobraxe de cinema e de televisión: publicou dous poemarios e en 1996, o ano da súa morte saíu a luz Poemas para unha Loia, onde se recollen obras da época madrileña, publicadas xa na revista Loia.

A súa morte foi debida a unha intoxicación  por aceite de colza,  a parte de estar enfermo de SIDA.