9.5.11

Aceite de colza

O aceite de colza  foi un tipo de aceite usado no norte de Europa para a alimentacion e para o alumbrado. En 1981 produciuse un grave envenenamiento por causa de este aceite que perxudicou a unhas 60.000 persoas e  fixo que perderan a vida unhas 1100 persoas. A xente que non tiña diñeiro para pagar o aceite de oliva tiña que conformarse co aceite de colza que ata ese ano non se presentou perxudicioso para a saúde, pero pouco a pouco foron chegando casos aos hospitais cos mesmos sintomas.
A primeira persoa en morir a causa desta intoxicación foi un neno chamado Xaime Vaquero que vivía en Torrejón de Ardoz ( Madrid ) o 1 de maio de 1981.


Despois das primeiras mortes a xente optou por sacrificar animais para intertar deter a epidemia pero non daba resultado xa que todo proviña do aceite que se compraba na venta ambulante aínda que todabia non se sabía.
Comezouse a dudar de se serían os tomates os que estaban envenenados xa que vían imposible que foxe o aceite ó que lles perxudicaba, pero hoxe en día sabese case con certeza que era a causa da fatal intoxicación aínda que manteñense moitas hipoteses.