A xente saíu ás rúas para celebrar a proclamación da II República. |
A actuación do primeiro Goberno da Segunda República española dedicouse a asegurar o desenvolvemento constitucional e a adoptar medidas de emerxencia para contrarrestar a crisis económica agravada pola política da dictadura do xeneral Primo de Rivera.
A esquerda perdeu as eleccións de 1933 e aceptouno cedéndolle o poder á oposición de dereitas. Cando esto sucedeu por segunda vez, en febreiro de 1936, as dereitas perderon, non o aceptaron, e se dispuseron a recuperar o poder pola forza, volvendo a unha tradición histórica de que as eleccións non eran máis que unha farsa. Esto foi o primeiro paso da Guerra Civil.