14.6.11

Desde Sarria ata Portomarín

O martes 6 deste mes os alumnos do IES fixemos unha das etapas do Camiño de Santiago, a estapa que iba dende Sarria ata a localidade de Portomarín, en total uns 22 kilómetros de distancia, acompañados dalgúns profesores do departamento de Educación Física.


Alumnos de terceiro, cuarto e primeiro de bacharelato participamos na actividade que fixemos en dúas partes, a primeiras dende a chegada a Sarria ata a hora de comer e despois de comer, o resto do traxecto ata Portomarín.  donde nos deixaron tempo libre de lecer, aínda que como estabamos moi cansos foi máis de descanso que tempo de lecer... Cabe destacar que aínda que moitos se queixaron dos kilómetros percorridos conseguimos facela etapa enteira sen ningún percance.


En conclusión foi un traxecto interesante, longo e bonito que disfrutamos todos os alumnos que decidimos facelo deixando a parte a distancia que había que percorrer.


Agora que nos boten quilómetros... que xa non nos meten medo!