11.6.11

Movemento 15M

 Este movemento xorde en España a través de foros de debate e dun libro chamado "¡Indignaos!" de Stéphane Hessel (prólogo de José Luis Sampedro), e pretende canalizar o estado de ánimo de moitos cidadáns respecto á situación actual do país.

 O 15 de maio realizouse unha manifestación en máis de cincuenta cidades españolas, cinco portuguesas e catro capitales europeas, cuxa convocatoria foi un éxito. Miles de persoas indignadas coa situación política e económica reivindicaron que a sociedade debía despertar ante aspectos tales como o sistema que favorece o bipartidismo (beneficiando aos grandes partidos e condenando aos pequenos a ter a mínima representación), a corrupción na clase política e o poder das potencias financieras sobre a política. Ás voces do 15M uníronse outras como o colectivo "Nolesvotes" ou "Democracia real ya", que tiñan as mesmas reivindicacións.

 Moitas persoas desexaban continuar coas protestas, polo que xurdiron reunións en varias prazas españolas que convocaban á xente a participar ou a debater sobre distintas propostas que axudaran a mellorar a democracia. Quizáis a máis representativa (polo número de congregados) fora a acampada da Puerta del Sol en Madrid, aínda que moitos outros manifestantes decidiron facer o mesmo noutras prazas importantes do país. Tres semanas despois das eleccións municipais (o que supuxo un mes en total), os acampados de Sol acordaron trasladar as protestas ás calles e decidiron volver a congregarse cando fora necesario (mediante Facebook, Twitter ou as páxinas anteriormente ditas).



Non resulta doado coñecer todos os seus acordos con tantas acampadas, pero hai un consenso de mínimos entre elas que se podería resumir nunha reforma da Ley electoral (para garantir a igualdade de voto), en establecer unha democracia participativa (para que os propios cidadáns teñan voz e voto nas decisións máis importantes) e na transparencia política e bancaria (pois según eles, existe unha corrupción que afecta á separación de poderes).