Carta ao Brasil
Ola Rai!
Que tal tempo vai en Brasil? Seguro mellor que aquí.
Sei que tés que facer un traballo sobre a deiversidade lingüística no mundo, e concretamente, da lingua galega, por iso envíoche algún dato que te axude a elaboralo.
Primeiro vouche falar da situación das linguas no mundo, no que a maioría dos paises son plurilingües, aínda que as linguas atópanse en diferentes condicións. Así, podemos ver países que teñen linguas oficiais (representan ao Estado legalmente), e linguas sen estado (propias de territorios sen independencia); hai tamén linguas maioritarias (usadas por moitos falantes) e minoritarias (son faladas por poucas persoas); por último, existen linguas hexemónicas (de grasn prestixio social) e minorizadas (aquelas, que sendo propias dunha comunidade, son desprazadas por unha lingua allea).
En segundo lugar, vouche mostrar a situación das linguas en Europa, concretamente a Unión Europea. Aquí, tamén a maioria dos países son plurilingües, pero danse casos diferentes, pois atopamos países monolinhgïes (Islandia), bilingües (Irlanda) e plurilingües (Francia, cunha lingua oficial; Belxica, con dúas linguas oficiais).
Finalmente, imos ver como está a situación no Estado español, país plurilingüe, que desde a Constitución Española de 1978, establece a cooficialidade do castelán con outras linguas oficiais: galego, catalán (Castaluña e Illas Baleares), valenciano e eúscaro (Pais Vasco e Navarra). Hai outras linguas, pero non oficiais: asturiano, aragonés e aranés (Val de Arán e Lleida).
A lingua galega, que é lingua da miña Comunidade Autónoma, fálase tamén no oeste de Asturias e de Castela-León, así coma unha variante no val do río Ellas.
O galego está protexida polas leis, desde o Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado en 1981,
que recoñece ao galego como lingua propia de Galicia e cooficial. A lei de Normalización lingüística, aprobada o 15 de xuño de 1983, garantiza os dereitos lingüísticos de todos os cidadans.
O galego vaise normalizando coa aprobación de diferentes decretos que complementas o marco legal e aseguran o uso do galego na administración pública e no sistema educativo.
O futuro do noso idioma está na súa conservación, tanto na fala, como na escrita, asegurada pola protección legal que garantiza a súa normalización.
O galego tamén ten algúns prexuízos, que veñen dende a Idade Media, xa que sufriu un retroceso no que só o castelán era a lingua oficial e hexemónica, mentras que o galego era falado polos campesiños, oralmente. Ainda na actualidade, moitas persoas seguen pensando isto.
A miña opinión persoal é que o galego debe seguir sendo oficial en todos os ámbitos da sociedade e familiarizarnos con el, no ensino, nos medios de comunicación,... Igualmente, penso que teríamos que utilizar a nosa lingua tanto na fala coma na escrita.
Espero que esta información sexa útil para facer o teu traballo.
Agardo viaxar pronto a Río de Xaneiro a verte.
Un saúdo.
William