Ola, Shmul !
Aquí che deixo algunha información do galego para o teu traballo, espero que che sirva de algo.
Primeiro vouche falar un pouco sobre a situación das linguas no mundo:
No mundo fálanse actualmente unhas seis ou sete mil linguas e, tendo en conta que máis ou menos ai 300 países, e a maioría deles son plurilingües, é dicir, no seu territorio fálanse varias linguas. Segundo a situación na que se atopen, diferenciamos:
-Linguas oficiais, as que representan de maneira oficial o Estado no que se falan.
-Linguas sen estado, son as linguas propias de territorios que carecen de independencia política.
-Linguas maioritarias, son as que son utilizadas por moitos falantes.
-Linguas minoritarias, as que teñen un número reducido de falantes, nesta situación atópase o galego xa que está en perigo de exntinción.
-Linguas hexemónicas, son as que teñen un gran prestixio social porque hai un poder político-económico que as potencia.
-Linguas minorizadas, son aquelas que sendo propias dunha rexión, son desprazadas por unha lingua allea, que conta con maior prestixio.
Bueno e despois de soltarche todo iste rollo, vouche falar un pouco das linguas na Unión Europea:
Nos países que integran actualmente a Unión Europea fálanse mais de trinta linguas, das cales só unhas poucas son linguas oficiais.
A maioría dos países da Unión Europea son plurilingües:
-países monolingües: Islandia, O Vaticano, San Marino e Liechtenstein ;
-países bilingües: Irlanda (irlandés,gaélico ou inglés);
-países plurilingües cunha soa lingua oficial (Francia,Italia) ou con dúas ou máis linguas oficiais (como Bélxica)
Tamén hai linguas que se falan en distintos territorios; é o caso do alemán (fálase en Alemaña, Austria...).
E por último, só me queda falarche das linguas da Península Ibérica:
España é un Estado plurilingüe, dende a Idade Media, levouse a cabo unha política de imposición do castelán coa intención de asegurar a súa supremacía fronte ás outras linguas faladas no Estado.Deste modo, o castelán foise convertendo na lingua hexemónica ou dominante.
As linguas españolas que gizan de recoñecemento oficial son: galego, catalán, valenciano, éuscaro, asturiano, argonés e o aranés.
Despois de falarche un pouco de todas as linguas vou profundizar sobre todo no Galego.
A lingua galega fálase na Comunidade Autónoma de Galicia, no oeste de Asturias e de Castela-León, tamén no val do río Ellas, en Estremadura. O galego provén do galego-portugués, lingua medieval da evolución do latín.
A finais do século XIX prodúcese un movemento literario coñecido como Rexurdimento, grazas ós autores como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, convértese o galego na lingua literaria, utilizada sobre todo na poesía.
En 1906 fundouse a Real Academia Galega, unha institución encargada da protección da lingua e difusión.
Todos os anos celébrase o Día das Letras Galegas (17 de maio) dedicado a un escritor nesta lingua e lixido pola Real Academia Galega, entre os que morreron fai máis de dez anos.
Bueno aquí che deixo esta información espero que che sala ben o traballo, xa me contaras.
Un saúdo, Paula.