4.4.11

É unha das primeiras veces que non é só por perder clase

Antes deste espectáculo que nos deron estas dúas mozas, tiña na cabeza unha idea moi equivocada sobre a poesía. Iso era aburrido, facíame durmir ata que estas rapazas déronme outro punto de vista sobre este arte.

A súa técnica de mezclar o humor, os xestos e a súa naturalidade coa poesía faina moito máis entretida a vez que levadeira. Sentín acercamento por parte das dúas xa que o seseo e jeada de María recordábame a miña familia, -tamén de Cee-, e Lucía polo seu acercamento co noso instituto a pesar de ser dos Mallos.

O que máis me gustou foi o seu recital dos graffitis pola razón de que foi o momento no que máis me rin e máis curto se me fixo. O xogo dos papeis tamén estivo ben, e ai que dicir que hai que ter moita imaxinación para pór esas frases tan rebuscadas nos papeliños, que menudas fraseciñas!

En canto a miña opinión xeral desta actividade teño que dicir que me gustou bastante e é unha das primeiras veces que non é só por perder clase, oxalá repitamos con algo parecido.

Lucía
María