Xeografía.
Ten 212 km² de superficie e as suas altitudes van desde 400-500 m no val do río Lor a os 1.600 m nos puntos máis altos como Montouto, Formigueiros (1.643 m) ou o pico de Pía Paxaro (1.610 m). O río Lor, e os seus afluentes forman ricos vales con diversos ecosistemas que fan que esta serra sexa a reserva botánica máis importante de Galiza.Poboación.
A poboación esparéxese de xeito disperso, formando numerosos núcleos de poboación. Segundo o IGE (Instituto Galego de Estadistica) O Courel contaba en 2009 con 1.233 habitantes. O xentilicio de O Courel é courelao.Nunha sima desta serra atopáronse os restos humanos máis antigos que se conservan de Galiza (entre 8.000 e 10.000 anos) canda os únicos restos de uro (Bos primigenius) achados en todo o país
No Courel tamén están ambientados duas obras importantes de Anxel Fole como son “Á lus do candil” e “Terra Brava“. Nestas obras se reflicte o modo de vida de aquela Galicia rural, así como as suas paisaxes, culturas, lendas e como os seus lados misteriosos.

